|
Santiago, 31 de outubro de 2007.- O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o decreto polo que se determina o calendario laboral para o ano 2007 na Comunidade Autónoma galega.
FESTAS LABORAIS
Segundo o decreto publicado hoxe, serán festas laborais de carácter retribuído no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 as seguintes:
* 1 de xaneiro Ano Novo * 19 marz o:San Xosé. * 20 marzo: Xoves Santo. * 21 marzo: Venres Santo. * 1 de maio: Festa do Traballo.
* 17 de maio: Día das Letras Galegas.
* 25 de xullo: Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia.
* 15 de agosto: Asunción da Virxe.
* 1 de novembro: Todos os Santos.
* 6 de decembro: Día da Constitución Española. * 8 de decembro: Inmaculada Concepción.
* 25 de decembro: Natividade do Señor.
Estes días serán inhábiles en canto ao cómputo de prazos administrativos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais que serán determinadas polos delegados da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en cada unha das provincias da Comunidade Autónoma a proposta do pleno dos respectivos concellos.
|